martes, 4 de diciembre de 2007

Recital de Poesía no Bar Rabeno de Monforte





Pois iso, como algúns xa sabedes, mañá mercores día 5 facemos un pequeno recital de Poesía (así con maiuscula) no Bar Rabeno (Os Chaos). Leran os rapaces do grupo poético Amargama, e máis eu. Será as 22:00 e quedades todos invitados a vir. Persoalmente lerei algún fragamento dese libriño que publiquei ya fará 12 anos polo menos, e agunha cousa nova, máis algunha allea. O reler o meu libriño deume un noseiqué, porque leva algo de inxenuidade de cando tes 18 anos. Pero, algún pedaciño caerá, porque xa o solicitaron varios. Creo que esta iniciativas deste tipo están moi ben, así que a ver que tal sae.

No hay comentarios: