jueves, 28 de junio de 2007

Xornadas de Software Libre de Monforte de Lemos

Este venres 29 e sábado 30 de xuño, terán lugar as xornadas de software libre de Monforte de Lemos, no centro comarcal da Terra de Lemos. Son unhas xornadas organizadas polas dinamizadoras da sociedade da información de Monforte, Lydia Ferrero Chabaud e Mónica Gamallo Torres. Estas dinamizadoras veñen facendo un intenso traballo de achegamento da informática os cidadáns, impartindo obradoiros, charlas e organizando conferencias, así como axudando a mellorar webs locales coma as do Centro Comercial Urbán e do Concello. Un dos últimos obradoiros tivo lugar en Bascós, e o seu fin e introducir un pouco mais a informática no rural e achegala os maiores.

Elas están a amosar na súa actividade unha gran capacidade de comunicación, aunando calidade e sencillez, nunha tarea as veces dificil, pero na que van conquerindo os seus obxectivos.

Podédelas atopar no edificio multiusos e no edificio de expolemos, e poderanche axudar a resolver calquera dúbida en relación coa informática.

A continuación expoño o programa, de gran interese tanto para os interesados a priori no tema coma para os no iniciados, posto que contará coa asistencia de persoeiros e autoridades na materia. Nas xornadas tamén terá lugar a presentación do robot "Dipbot", construido por alumnos do IES "A Pinguela". A primeira sesión será presentada polo alcalde, Severino Rodríguez.

Venres 29 de Xuño:

17:45: Presentación das xornadas.
18:00: Aproximación ao Software Libre.
19:30: Pausa-café.
20:00: As posibilidades do Software Libre.

Sábado 30 de Xuño:


10:00: Directrices migratorias.
11:00: O que fago en Windows, o fago en GNU/Linux
11:45: Pausa-café.
12:15: O camiño para os novos modelos de negocio con Software Libre.
13:00: Mesa-debate.
14:00: Pausa-comida.

17:00: Filosofía do proxecto Trisquel.
18:00: Taller con LIVE-CD.
18:30: TPV para empresarios baixo Sofware Libre.
19:15: Pausa-café.
19:45: Presentación da mascota "DIPBOT".
20:15: OpenOffice.org; a liberdade na túa oficina.

domingo, 10 de junio de 2007

75 Aniversario do Colexio Ferroviario


Este venres deron comezo os actos de celebración do 75 aniversario do Colexio Ferroviario, celebración dunha grande importancia na nosa cidade, por canto falamos dunha institución fortemente ligada a súa historia, tanto coma o esta ó seu presente. O colexio Ferroviario partiu da iniciativa de Ferroviarios Monfortinos, que solicitaron a creación dun colexio no Barrio da Estación de Monforte á Asociación de Ferrroviarios, que naqueles tempos era un poderoso ente en alza a crear numerosos colexios en todo o pais; xa entrados nos anos oitenta, a Asociación desligouse destes colexios, o cal provocou a incertidume dos destinos do noso Ferroviario; a determinación de nove profesores, formando unha cooperativa e comprando o Colexio, e a axuda e xestiones do, á sazón, presidente zonal da Asociación, D. José Díaz Otero, garantiron a súa pervivencia.

As celebración deron comezo cun concerto de rock a cargo de músicos Monfortinos, para, xa ó Sábado, comezar cunha conferencia de Doña Margarita Otero, cronista oficial de Monforte, que partindo da historia do colexio, quixo facer unha breve estampa da historia do Barrio da Estación.
Non é de menos que alabar o escenario escollido, nada menos que a sede da "Fraternal", asociación tan entrañable e estreitamente ligada ó barrio, ó propio colexio e a historia do Ferrocarril na vida da cidade; a conferencia, ainda que breve, resultou xugosa e de un enorme interés, por canto non e moito o escrito acerca da moderna historia da cidade. Moitos ficaron sorprendidos da existencia de "Cafés Cantantes", no barrio da estación, coma "O Arxentino", ou "O Tropezón", e do orixe do nome da "Calle das Vacas", que se remonta á existencia dun tren de transporte e descarga de Ganado nos anos 30.

A conferencia deu paso a unha actuación da Coral de Renfe, que fixo disfrutar ós asistentes dun repertorio tan variado como exquisitamente escollido e admirablemente interpretado; a continuación, chegou a actuación da rondalla "Benfeita", composta por interpretes Monfortinos de longa traxectoria en rondallas e agrupacións musicais, entre os que se encontra o coñecido músico e Luthier "O Crego", do que hai que salientar que mantén actualmente aberta á súa exposición de instrumentos na Rúa Cerca; a actuación moveu á ledicia e participación do público, que deu en tocar as palmas cando a rondalla interpretou o "Pasacalles".

Unha vez finalizada a actuación da rondalla, o público dirixiuse cara ó colexio, para presenciar a demostración de danza galega dos alumnos; seguidamente, pasouse ó polideportivo para a comida, consistente en pulpo e carne asada. Os vellos alumnos disfrutaron coma nunca encontrándose, charlando e visitando as aulas, e nin a persistente calor puido arruina-la diversión. A comida deu remate cunhas verbas do director e un conmovedor recordo a profesores que xa non están entre nos, e que eran tan queridos polos vellos alumnos agora trintaneiros, coma Mr. Bryan ou Dona Ramonita, sen perder a ocasión para homenaxear ós profesores xa xubilados e con tanta representatividade no Colexio coma Don Xosé Mourelle, Don Pedro ou Don Antonio, os cales recibiron unha espontánea e calurosa ovación por parte do antigo alumnado.

O canto do muecín


Este xoves foi o acto de presentación da derradeira obra do escritor Monfortino Lois Diéguez, a novela "O canto do muecín". Diéguez conta cunha obra vasta na que ven tocando diversos xéneros, e que comenzou en 1966 có poemario "Albre de esperanza", e na que se inclúen novelas coma "A canción do vagamundo", en 1986 e "Tres sombras góticas e unha rosa", de 1995, relatos coma "Monólogos no espello", de 1993, ou "Viaxes as Terras encantadas de Lemos", obra publicada en 1999. É de salientar a enorme importancia que ten a obra de este home, un valor e un tesoro para a nosa comarca, tanto dende o punto de vista humano coma literario.

A presentación contou cunha coidada ambientación, na que a casa de cultura de Monforte converteuse nun pasadizo ó lonxano oriente; un perfume a incienso saudaba ó asistente apenas cruzada a porta, e, xa dentro, as diapositivas que ían mostrando imáxenes e paisaxes de Siria (lugar onde está ambientado o libriño), se complementaban coa lectura de textos e párrafos da obra, que se sucedían nunha acertada teatralización a cinco voces, para a cal Diéguez servéuse de consagrados actores da escena teatral galega, e do grupo poético lucense "Círculos Líticos", todo o cal veu a conquerir o desexado efecto de transporta-los asistentes ó mundo da novela, que tra-lo percorrido por Siria, volta a Monforte, (que na novela leva o ficiticio nome de "Valmonte") momento no cal se daba paso á unha diapositiva que amosaba unhas mimosas en flor, coa borrosa imaxe do conxunto de San Vicente perfilándose ó fondo.
En conclusión, Diéguez e un persoeiro a coidar na nosa cidade, e unha parte importante do noso patrimonio artísitico, que debemos lembrar, non se reduce a Monumentos e edificacións, e abrangue unha exhuberante e vasta riquza.