miércoles, 26 de marzo de 2008

Presentación de Amárgama na Galería Sargadelos


Este Venres, día 28, ás 20:30, terá lugar a presentación do segundo número da revista poética Amárgama, e do colectivo do mesmo nome.

Este colectivo, vense caracterizando por unha revitalización da vida cultural e literaria da cidade Monfortina, actuando coma un revulsivo no aletargado panorama literario actual; as súas propostas son aglutinadoras, iconoclastas e abertas, introducindo unha frescura da que viña estando necesitado o panorama literario; son ambiciosas é o tempo de carácter sinxelo; fuxen dos clichés e dos idearios; representan, en definitava, a modernidade, o espírito do momento.

Recomendar, polo tanto, a asistencia o evento, dado o seu interese; de seguro que e un movemento que non pasará desapercibido no panorama literario actual.

Asimesmo, está prevista unha lectura deste grupo no Bar Espía de Monforte, con data por concretar.
Foro literario del grupo: http://amargama.foroactivo.com/

No hay comentarios: