
Este Venres, día 28, ás 20:30, terá lugar a presentación do segundo número da revista poética Amárgama, e do colectivo do mesmo nome.
Este colectivo, vense caracterizando por unha revitalización da vida cultural e literaria da cidade Monfortina, actuando coma un revulsivo no aletargado panorama literario actual; as súas propostas son aglutinadoras, iconoclastas e abertas, introducindo unha frescura da que viña estando necesitado o panorama literario; son ambiciosas é o tempo de carácter sinxelo; fuxen dos clichés e dos idearios; representan, en definitava, a modernidade, o espírito do momento.
Recomendar, polo tanto, a asistencia o evento, dado o seu interese; de seguro que e un movemento que non pasará desapercibido no panorama literario actual.
Asimesmo, está prevista unha lectura deste grupo no Bar Espía de Monforte, con data por concretar.