jueves, 10 de mayo de 2007

O Condado de Lemos na Idade Media


O pasado fin de semana tivo lugar na Casa da Cultura de Monforte o simposio "O condado de Lemos na idade Media", na que interviron diversos expertos no tema, tales como Carlos Baliñas, o profesor Pardo de Guevara, autor de varios libros sobre os Condes de Lemos, Carlos Barros, e o escritor Monfortino Lois Diéguez, autor, entre outros, do libriño "Viaxe as Terras encantadas de Lemos" . As intervencións, centráronse, en xeral, en analizar desde un punto de vista obxectivo e científico a historiografía e os datos que coñecemos da historia de Monforte en este período; así, non faltaron as críticas á popular "Historia de Monforte", de Xermán Vázquez, do que se sinalou, de que a pesares de ter feito un monumental esforzo de construcción da historia da comarca a partir de escasos datos, tendía ó recheo das lagoas históricas con retazos non contrastados; así, lanzouse unha mirada crítica, a vez que eloxiosa, sobre este coñecido historiador Monfortino.
Causou moita expectación tamén o tema de Inés de Castro, lexendaria filla dos condes de lemos, coroada raiña de Portugal despois de morta; tema tratado, entre outros, polo arqueólogo Felipe Senén.

Dende o meu punto de vista, destacaron o profesor Pardo de Guevara e o escritor Lois Diéguez, en canto ó ameno da súa exposición, o cal é de salientar xa que determinadas intervencións estiveron marcadas por un excesivo academicismo para os non iniciados: nese eido, a intervención de Lois Diéguez, fíxose curta, por imperativos de horario, pero apaixoante en canto a forma e o contido; Diéguez resulta un suxestivo orador, dos que son quen de seduci-lo público, e transmiti-lo seu propio entusiasmo polo tema a tratar. De este xeito, revelou datos descoñecidos pola maioría, demostrando un gran coñecemento de diversas particularidades da historia da Bisbarra, e do románico da zona en particular; a súa intervención fuxíu do formalismo académico, entrando case no literario, tanto en canto a forma, como en canto os detalles sobre os que discurríu a exposición.

A conclusión: moi positiva experiencia, e o ésito da convocatoria, debe animar a propoñer iniciativas semellantes; e en particular, por lanzar unha idea, hay que salientar a falta de información e de publicacións que traten algo tan apaixoante para Monforte como é a súa historia moderna, xa que os libros que coñecemenos sobre a historia de Monforte, limítanse a dedicarlle únicamente algunhas follas a un período de efervescencia asociativa, cultural, ecónomica e política coma encerra a historia dos séculos XIX e XX.

No hay comentarios: